Laconcongrelos @protonmail.com
—
Rúa Antonio Noche 22 Baixo
15009 A Coruña
Laconcongrelos é un taller de gráfica especializado na producción artística de edicións limitadas empregando dúas técnicas de impresión: serigrafía e risografía. Isto quere dicir que aquí so poderás traballar en papel, fora da metodoloxía industrial e con técnicas imperfectas.
É tamén un proxecto persoal que cultivo con cariño no meu tempo libre. Isto quere dicir que a comunicación e os tempos de producción están suxeitos a cambios, desculpade de corazón as molestias.
Vémonos polo taller socixs :)
Risografía
_
Duplicadora MF 9350e en A3. Acepta so papeis non estucados dende 46 gramos ata 260 gramos, aínda que pódese facer un pouco de trampita. O área de impresión máxima é de 284X402 mm.
11 cores dispoñibles #FFE800 #FF6C2F #F15060 #FF48B0 #914E72 #00A95C #00838A #82D8D5 #0078BF #3255A4 #000000. Orientativos, no papel sempre é diferente da pantalla.
Para mandar os teus arquivos é necesario separar cada cor nun PDF individual, tantos como tintas teña a imaxe. Este ten que estar en escala de grises, especificando a cor final no nome do arquivo.
Serigrafía
_
Semiautomática de gran formato cun tamaño máximo de mancha de 85X65 cm. Pantallas con hilaturas variadas, dende os 71 hilos para masas grandes ata 140 hilos para textos pequenos.
As cores son ilimitadas e pódense misturar entre sí. So tintas base auga, sen posibilidade de traballar con tóxicos. Pídense específicamente para cada encargo, polo que pode dilatar os tempos de producción.
Para mandar os teus arquivos é necesario separar cada cor nun PDF individual, tantos como tintas teña a imaxe. Este ten que estar en escala de grises, especificando a cor final no nome do arquivo. No caso da Seri os degradados teñen que tramarse.