Risografía

Temos connosco unha duplicadora SF5030 EII formato A4, e unha MF 9350e que imprime en A3. Ámbalas dúas so aceptan papeis non estucados dende 46 gramos ata 260 gramos, aínda que pódese facer un pouco de trampa ;). O área de impresión máxima é de 202 x 286 mm no caso da A4 e 284 x 402 mm na A3.

En canto os papeis, e despois de 3 anos de probas, quedamos cos favoritos; Munken Print Crema de 90 gr, Munken Pure Rough de 150 gr, Munken Lynx Rough de 150 gr, Munken Print Branco de 150 gr, Canson Basik de 130 gr, a gama Fabriano Copy Tinta de 80 gr en múltiples cores, e restos de papeis que quedan polo taller. Tamén podes vir ti cos teus propios, sempre que respeiten que non sexan estucados.

En canto as cores temos na plantilla doce:

Amarelo, Laranxa Flúor, Vermello, Verde Escuro, Azul Medio, Gris Claro e Negro na SF5030 EII de A4

Amarelo, Laranxa Flúor, Vermello Brillante, Rosa Flúor, Azul, Verde, Esmeralda e Negro na MF 9350e de A3_

Pra facer teus soños riso o primeiro é descompoñer cromáticamente a imaxe, unha capa por cor (como na seri). Deste xeito poderemos preparar os máster e superpoñer cores pra que suceda a maxia. Cómpre que nos envíes os arquivos en alta calidade (300dpi), en escala de grises e en .pdf

Se non estás familiarizada coa técnica debes ter en conta que a súa beleza dáse nas imperfeccións aleatorias da duplicadora; se estás a buscar unha reproducción exacta do teu deseño, probabremente a riso non é a túa parella de baile_

 
riso.gif