Serigrafía

No taier temos unha pasada de máquina semiautomática que permítenos estampar gran formato (100x70cm), ademáis de varias mesas manuais. Pantaias de 62, 77, 90, 100 e 140 fíos. Racletas de papel e de téxtil. Fotolitos en película. We’ve got it

Pra estampar hai Fabriano Rosaspina de 220gr, Fabriano Unica de 250gr, Gvarro Superalfa de 250gr, Munken Lynx Rough de 300gr, Incisioni Magnani de 310gr, Canson Edition de 320gr, Munken Lynx de 400gr e Cartulinas de cores Popset de 240gr. Aparte, podes traer case calquera soporte mentres sexa unha superficie plana

As cores mézclanse a man, polo que as opcións son pretas ao infinito cromático. Tamén hai cores flúor, metalizadas ou de pigmentación natural_

Se te queres adentrar nas mazmorras da serigrafía, o primeiro é separar a túa imaxe en capas, unha por cor (igual que na Riso). Así poderemos preparar cada pantaia e estampar cada capa por separado. Precisamos que nos envíes os arquivos en alta calidade (300dpi), en escala de grises e en .pdf

Lembra que esta técnica non contempla os degradados, se a túa imaxe ten unha degradación de cor é necesario tramala.

Aquí acontece coma na risografía, o rexistro imperfecto de cada cor é a personalidade da Seri_

seri.gif