Rúa Antonio Noche 22 Baixo 15009 A Coruña +34698160655
en laconcongrelos estampamos serigrafías e imprimimos risografías. Temos tamén un tórculo pra os clásicos e o kit da autoedición completo (grapadora e guillotina) pra os larpeiros
impartimos cursos, estampamos baixo demanda, imprimimos ao gusto_
Serigrafía
—
Paz e Gloria
Cores fortes coma o licor caseiro, papeis de toda-las castas, tramas intergalácticas, masas sólidas coma quásares, liñas do grosor dun neutrino… Que dicir aquí que non se dixera xa
A Seri bailache o que lle pidas_
Risografía
—
Bonito e Barato
Basicamente é unha fotocopiadora de oficina pero con cores. Ten un baixo coste (pra o bolsillo e pra o planeta), o acabado é imperfecto, as copias son desiguais entre sí, incluso emporca os sentidos
Poesía contemporánea_
Calendario
—
Reserva Cita
Se tes un proxecto que queiras desenvolver connosco mándanos a túa proposta ao correo
Antes de reservares cita podes ver os vindeiros eventos e máis o uso do taier no calendario. Tamén podes consultar os prezos que manexamos_